
Continuando coas reunións programadas coas diferentes Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social e en base aos acordos de colaboración existentes con este Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais; esta mañá tivo lugar un encontro coa Mutua Fraternidad-Muprespa na que estiveron presentes en representación da mutua D. Ramiro Gutin, Director Provincial ...
Reunión mantida con Dª. Belén González Nabal e D. David Solla Freijeiro, directores dos centros de Vigo e Pontevedra respectivamente de Ibermutua Gallega e a comisión relacións coas Mutuas: Mercedes Vea, Vicepresidenta e Noemi Sordo, Secretaria do Colexio, para o seguimento do acordo de colaboración que existe entre ambas entidades
Reunión mantida con D. Pablo Barros Fortes, Director Provincial da Mutua Asepeyo e a comisión relacións coas Mutuas: Mercedes Vea, Vicepresidenta e Noemi Sordo, Secretaria do Colexio, en base ao acordo de colaboración que existe entre ambas entidades que permite facilitarse recíprocamente información e divulgación en materia de cotización, acción ...
Raúl Gómez, Presidente e Noemí Sordo, Secretaria; asisten á reunión programada con Dª. Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial de Pontevedra, na que se trataron xestións de colaboración mutuas e a posible implantación do libro de subcontratación telemático para o ano 2022.
O Colexio celebrou esta xornada de forma presencial na sede colexial e de forma simultánea en modo ON-LINE.
A xornada estivo a cargo de D. Alberto Arturo Díez González, Funcionario do Instituto Nacional da Seguridade Social de Pontevedra en Vigo. Durante a exposición estivo acompañado por Dª. Mercedes Vea Vázquez, Vicepresidenta 1ª ...
O pasado venres día 26 de novembro, este Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra celebrou no Auditorio Sede Afundación de Vigo, os Solemnes Actos Institucionais 2021: Acto de Xura/Promesa de novos colexiados e colexiadas da promoción 2020 e da promoción 2021, entrega de distincións en recoñecemento ós 25 ...
Xoves 18 de novembro.- Dentro da programación das Xornadas Técnicas, celebrouse o derradeiro dos relatorios, impartido por D. José Manuel Díaz Álvarez, Maxistrado-Xuíz da Sala do Social nº1 dos Xulgados de Vigo que estivo acompañado por Dª. Nuria Giráldez Villar, Vocal da Xunta de Goberno e que actuou como moderadora ...
Dª Elena MANCHA MONTERO DE ESPINOSA, Directora Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia; Inspectora de traballo e Seguridade Social, foi nomeada Colexiada de Honra polo Excmo. Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais, pola súa traxectoria profesional e compromiso co noso ...
O Presidente do Colexio, Raúl Gómez reunese co Director Provincial do INSS, Fernando Álvarez-Blázquez, para tratar sobre a colaboración para a formación de solicitudes telemáticas de prestacións
VIDEO COMPLETO: CELEBRACIÓN ACTO DO ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE PONTEVEDRA NO SEU 40 ANIVERSARIO
O Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra celebrou o 29 de outubro un Acto Institucional con motivo do 40 Aniversario da súa creación.
Fíxose recoñecemento á creación do Colexio de Graduados Sociais de Galicia, que ...